En días de crise coma os que vivimos actualmente, hoxe confirmaronse tres mozos na nosa parroquia. Para administrarlle o sacramento da confirmación veu a Tremoedo o arzobispo de Santiago, e tivemos a oportunidade de reunirnos con el ao remate da celebración. Compartir o noso traballo na parroquia cos nenos e mozos e recibir o seu apoio foi como abrir unha ventá de aire fresco na grosa pedra da igrexa.
Quédome con dúas cousas das que nos dixo: que se estamos implicados ten que ser porque queremos e porque o noso traballo nos fai ben a nós e a comunidade; e que temos que ser coma unha fonte, que brota, reten e reparte auga...
No hay comentarios:
Publicar un comentario