lunes, 24 de noviembre de 2014

^Oración para un día especial... e para tódolos días^

NOSO PAI, VEÑA O TEU REINO

Noso Pai que estás e reinas no ceo, 
que estás tamén e queres reinar na terra; 
axúdanos a ser e vivir como irmáns. 

Que o teu nome sexa bendito, 
santificado, respectado; 
que todos te coñezan, 
e que nós te deamos a coñecer na nosa vida. 

Que veña o teu Reino: 
que veña a xustiza, a solidariedade, a paz; 
que ninguén morra de fame, 
nin de sede, nin de odio; 
que ninguén sexa explotado, oprimido, 
que ninguén sexa excluído, marxinado, discriminado. 

Que veña o teu Reino, o teu Espírito, 
e se apropie dos nosos corazóns 
e empece neles a reinar con forza, 
para que nos empeñemos xa 
en facer a túa vontade na terra, 
como se fai no ceo; 
para que anticipemos xa na terra 
o reino de solidariedade que hai no ceo. 

AMÉN. 

José Enrique Ruíz de Galarreta

No hay comentarios:

Publicar un comentario